O cruce de disciplinas é empregado co obxectivo de desdibuxar os límites entre disciplinas para a través dun recurso hibrido se transmitan coñecementos de disciplinas que non están conectadas nun primeiro momento.
O recurso está baseado nunha viaxe experiencial a través de dous experimentos para con eles traballar os conceptos de acidez ou basificidade. e como eles afectan a xeración de cores.


o recurso quere conformarse como unha práctica completa que traballa para além dos límites da arte contemporánea e se expande a través da ultima tendencia do Bioarte para traballar a arte a partir daquelo que está vivo.

Con este recuerso explicarase a importancia dse traballar dende unha prespectiva que non sexa antropocentrica para así ter masi conciencia do mundo que nos rodea.

superar o antropocentrismo no que se inscriben case tódalas practicas no século XX.

Traballar dende esta perspectiva permítenos acercar ao alumnado a outros modos de verse e pensarse no mundo ao invitalos a ter unha posición máis activa que traballa a interdisciplinaridade e as competencias transversais dun xeito integral.

Poñendo en valor o traballo non so coa ciencia aberta, senón co uso de ferramentas libres que nos están privatizadas polo sistema capitalista. Facer fincapé neste punto é primordial para o desenvolvemento dunha sociedade máis xusta na que as diferencias non se produzan polo emprego de ferramentas.