to main MENU
Mostra de Restorative Practices. Vello Cárcere de Lugo, ate o 22 de Maio do 2023
Continua a mostra dun dos proxectos merecedores do apoio de Europa Creativa Cultura durante 2023 e 2024. Restorative Practices é o lugar de confluencia de procesos e proxectos innovadores dentro do extenso campo de acción da cultura contemporánea.
A lucense Paula Pin, coordinadora xeral do proxecto elabora unha curadoria selecta de pezas e procesos nela pódese contemplar tamén unha peza merecedora do apoio da rede internacional de Hardware Aberto GOSH (open source hardaware for science); unha eólica de autoconsumo xerada por unha colectiva LGTBi+ queer da provincia de Lugo.
En resumo, esta mostra é unha moi boa oportunidade para apreciar os traballos colaborativos de ciencia aberta que se desenvolveron coidadosamente grazas a facilitación e coordinación de Pin que neste caso concreto colabora coa deseñadora de moda Tina Cortón, Miranda Moss e Urs Gaudenz para elaborar unha extensa mostra de biomateriais exposta no calabozo do Vello Cárcere. A mostra visibiliza as interaccións coas escolas, comunidades e axentes creativos que desenvolven proxectos singulares na intersección da arte a ciencia e tecnoloxía de corte transfeminista.
O desexo da artista e axitadora cultural Paula Pin é colocar a Lugo e xs seus creadorxs no mapa local e internacional no que se refire a procesos contemporáneos en cultura onde a cultura non é unha segregación nin da natureza nin da ciencia senón máis ben unha sorte de espazo para artellar posibilidades de interacción que fagan emerxer outras posibilidades de habitar o mundo. #biotranslab #tinacorton #jellypin00 #restorativepracticeseu #bioartlab #mrgaudi #BioArLab #transhackfeminist #europacreativacultura_es #CreativeEurope #openlab #queerscience #openSource
https://restorativepractices.eu/wiki/doku.php?id=start
link to the MOSTRA